jueves, 18 de febrero de 2016

Sobre refuxíados.Día da Radio.


Día Mundial da Radio, 2016
Día Mundial da Radio, 2016


Palabra do ano, 2015
Palabra do ano, 2015

Comezamos lendo un texto do Portal das Palabras, a palabra "refuxiado", que foi elixida palabra do ano neste Portal. O texto de lectura permitiranos facer un percorrido por algúns feitos históricos ( Sociedade das Nacións, ONU, Tratado de Versalles,...) que aparecen no noso currículo. Para acceder ao texto pincha neste enlace.

A palabra refuxiado no Portal das Palabras
A palabra refuxiado no Portal das Palabras





Mapa mental da lectura

O noso traballo de investigación:




O Día Mundial da Radio a ONU reivindica o poder das ondas en momentos de crises. Nacións Unidas destaca que a radio é o mellor "instrumento salvadidas" en zonas de desastre xeradas por urxencias humanitarias. A radio é un instrumento que dá voz aos débiles e salva vidas en zonas de urxencia, que alenta aos supervivientes e instrúe á poboación a costa dos sacrificios de moitos xornalistas e cooperantes humanitarios especializados en comunicación que arriscan diariamente as súas vidas para estender a información aos máis desfavorecidos. A radio demostrou a súa importancia coa letal epidemia de ébola que asolou o continente africano, onde os xornalistas non só contribuíron a concienciar á poboación para impedir o contaxio, senón que colaboraron, a golpe de mensaxe limpa, a cortar de raíz a difusión de falsos rumores sobre a mortalidade do virus e o seu contaxio.
"Hai que protexer, custe o que custe o dereito dos xornalistas a protexer as súas fontes confidenciais ata nos momentos de urxencia e desastre", insiste a Organización de Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO).


O DEBATE: QUE É E TIPOS



debate1  



 RADIO S.O.S.




AUDICIÓN E DEBATE


Reflexionando sobre  o salvamento de náufragos (refuxiados): 


 "Un crime impensable".





"No medio do inferno"



 



"Non hai amor á pobreza"






viernes, 29 de enero de 2016

Día da Ilustración. Actualizando a Castelao en clave VisualThinking.

O día 30 de xaneiro celébrase o Día da ilustración e traballamos con libros de Castelao  da biblioteca. Escollín Cousas da Vida para actualizar: eu utilicei a ilustración para traballar o tema do acoso escolar.




IDEOGRAMAS

Un ideograma é un signo esquemático non lingüístico que representa globalmente en conceptos ou mensaxes simples. Por exemplo, os sinais de tráfico ou os símbolos químicos e matemáticos. Caracterízanse polo seu universalidad, a súa economía e a rapidez con que se verifica a súa percepción: de aí o seu amplísimo uso.


O concepto de ideograma representa un ser ou unha idea directamente sen necesidade de transcribir palabras ou a frases que o expliquen.


martes, 29 de septiembre de 2015

Se eu fose refuxiado sirio... #Aylan Project



Diario de aula




Neno Sírio morto encontrado na praia.

Semana do 18 de setembro.

Preguntámonos na aula: Que camiño escolleríamos se fósemos sirios e quixeremos chegar a Europa fuxindo da guerra?
Comezamos buscando nun mapa os países que percorreríamos a pé saíndo de Siria (capital Damasco) e agora imos facer unha búsqueda mais aproximada para buscar un camiño seguro e rápido.

Eu pensei en chegar a Francia (París), tendo que pasar por Turquía, Bulgaria, Hungía, Austria, Alemaña e final mente chegar a París.

Unha vez visto o percorrido nun mapa decidimos buscar as súas capitais:

-Turquía, coa súa capital: Estambul.
-Bulgaría, coa súa capital: Sofía.
-Serbia, coa súa capital: Belgrado.
-Hungría, coa súa capital: Budapest.
-Austria, coa súa capital: Viena.
-Alemaña, coa súa capital: Berlín.

Semana do 22 ao 25 de setembro




Semana do 28 ao 30 de setembro.

Traballo coa prensa


Lemos unha reportaxe na aula sobre o aumento de refuxiadoos na Unión Europea.



Avión de recoñecemento francés parte dunha base francesa do golfo Pérsico.

Titular:
"Francia reconduce su lucha contra el Estado Islámico y bombardea Siria".
Subtitular:

    "La decisión está en consonancia con el giro en la diplomacia internacional".

Corpo: 


A miña noticia é de La Voz de Galicia. Trata dunha decision que tomou o estado francés: atacará ao Estado Islámico desde Siria e non desde Iraq como o viña facendo.

Semana do 5 de outubro.


Na clase facemos entre todos un mapa interactivo das linguas minorizadas de Europa, linguas coas que se pode encontrar un exiliado sirio na súa viaxe a Europa.